FAQ

Cursos      Xustificación        Recursos        GAL/ES

Preguntas frecuentes (FAQ)

 

 

 


A quen está destinado este ITINERARIO FORMATIVO virtual en xénero?

O itinerario está exclusivamente destinado á Comunidade Universitaria da Universidade de Vigo. Máis adiante valorarase se se abre ao resto da sociedade. Se algunha persoa allea á Universidade de Vigo realizase os cursos, non lle serán acreditados.

 

Como saber que rematei o curso?

Para finalizar o curso necesitarás superar as diferentes avaliacións que se propoñen. Lembra que o aprobado está no 7 e tes 3 intentos. Para verificar que superaches a formación deberás consultar o apartado «Progreso». Estamos a traballar para que cando termines o curso o sistema envíeche un correo indicándoche que o finalizaches mais nesta edición aínda non está activo.

 

Cómo podo ver o meu progreso?

O curso está dividido en 5 seccións principais, que se corresponden co menú s principales, que se corresponden con el menú (Ver Fig. 2).

  • Curso.
  • Recursos.
  • Destinatarios/as.
  • Foro.
  • Progreso.

A continuación podes observar un exemplo de como pode que esteas a ver o curso (Ver Fig . 1).

 

Na Figura 2 mostrámosche como localizar o menú «Progreso». Terás que facer click nel.

Verás unha imaxe similar á Figura 3, aínda que dependerá do teu progreso no curso.

 

 

 

Como obter a miña acreditación?

Para obter o teu certificado terás que superar o curso. Realizar todas as avaliacións e obter máis dun 7 en cada unha delas. Se es apto/a cando termine o prazo oficial do curso recibirás un correo onde se che indicará que se enviará o teu certificado nun prazo de 21 días no teu correo electrónico.

Se pasan máis de 21 días e non recibes nada podes poñerche en contacto co seguinte correo: formacionigualdade@uvigo.es.

Estamos a traballar para que en próximas edicións poidas descargarche a acreditación unha vez que finalices a formación.

 

Que pasa se xa teño o meu DNI en uso ou unha conta xerada na plataforma?

Se xa estás rexistrado en « mooc. campusdomar.es», podes usar esa conta para inscribirche nos cursos do ITINERARIO FORMATIVO virtual en xénero se pertences á comunidade da Universidade de Vigo. Na sección conta do teu perfil, poderás cambiar o teu correo ao institucional da Universidade de Vigo.

 

Que correo empregarei para resolver as dúbidas que aparezan nas FAQ ou no foro?

O correo será o de formacionigualdade@uvigo.es.

 

Como enviar as incidencias?

As incidencias son causadas por diferentes motivos. Pedímosche que repitas o erro para que nos detalles as accións a seguir para detectalo con maior celeridade. Non é necesario que nos digas se están empregando un determinado tipo de navegador mais si desde onde te estás conectando (móbil, portátil, tableta…). Tamén que nos indiques a sección onde detectaches o erro e o nome do curso.

 

Como facer o recoñecemento de créditos?

Unha vez recibido o certificado tes que levalo xunto con este documento ou este outro (para os cursos edición 11F) á secretaría do teu centro para que alí cho tramiten.