Xustificación

Cursos      Xustificación        Recursos        GAL/ES

Xustificación

 

O ITINERARIO FORMATIVO virtual en xénero nace co fin de incrementar a calidade na docencia universitaria, a través da incorporación da formación teórica en xénero e da inclusión do enfoque de xénero.

Desde o Consello de Europa ínstase á incorporación de maneira efectiva da perspectiva de xénero «en todas as políticas e en todas as fases» (Consello de Europa, 1998:15). Isto so se consegue se as universidades proporcionan ao alumnado unha formación que non sexa «cega» ao xénero.

Nese senso, en España existe una ampla lexislación que insta os centros de ensino superior a incorporar a perspectiva de xénero na formación universitaria.

Desde 2007, a Lei Orgánica de Igualdade impulsa «a eliminación dos obstáculos que dificultan a igualdade efectiva entre mulleres e homes e o fomento da igualdade plena entre unhas e outros» ( Art. 23). No ámbito da educación superior, establece que «…fomentarán o ensino e a investigación sobre o significado e alcance da igualdade entre mulleres e homes, promovendo:  (1) A inclusión, nos plans de estudo en que proceda, de ensinos en materia de igualdade entre mulleres e homes. (2) A creación de posgraos específicos e (3) A realización de estudos e investigacións especializadas na materia.»

Ademais, o «Eixe III. Docencia, investigación e transferencia de coñecementos con perspectiva de xénero» do II Plan de Igualdade (2016-2019) da Universidade de Vigo inclúe como obxectivo estratéxico a transversalización da perspectiva de xénero na docencia, investigación e transferencia.

O RD-Lei do 9/2018, do 3 de agosto, de medidas urxentes para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero pide a toma dunha serie de medidas para loitar contra a violencia de xénero. Entre elas podemos destacar a necesidade do profesorado de recibir formación permanente en prevención da violencia de xénero e promoción da igualdade entre mulleres e homes.

O Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo de Administración da Comunidade Autónoma de Galicia indica a necesidade de recibir formación en igualdade de xénero, mainstreaming, perspectiva de xénero, historia do feminismo, teorías feministas, conciliación e sostenibilidade da vida, corresponsabilidade e economía de coidados, sexismo e misoxinia, violencia de xénero, acoso sexual, masculinidades non patriarcais e outros contidos que impliquen visibilizar a situación de desvantaxe social das mulleres.

 

 

Normativa

 

Internacional:

 

Tratado de Funcionamento da Unión Europea (Europa).

Convenio de Estambul.

 

España:

 

Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Real Decreto-Lei  9/2018, do 3 de agosto de medidas urxentes para o desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Real Decreto-Lei 6/2019, do 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación.

Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.

Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a Igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación.

Lei Orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades.

Galicia:

 

Decreto Lexislativo 2/2015 do 12 febreiro, en Materia de Igualdade en Galicia.

Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación e prevención e loita conta a violencia de xénero de persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.