ITINERARIO FORMATIVO VIRTUAL en Xénero
O Itinerario está composto por 24 cursos de distintos ámbitos. Esta formación busca introducir a perspectiva de xénero na formación da comunidade universitaria da Universidade de Vigo.
A proposta foi realizada pola Unidade de Igualdade e a Vicerreitoría de Profesorado, Docencia e Titulacións da Universidade de Vigo, co apoio financeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A coordinación e o seguimento desta acción formativa lévaos a cabo a Unidade de Igualdade.
Podes realizar estas accións formativas na orde que prefiras. Se non tes formación previa, suxerímosche empezar polo de Introdución á perspectiva de xénero para coñecer mellor algúns conceptos básicos sobre xénero.
Os cursos do itinerario están agrupados en cinco temáticas:
1.Introdución á formación en xénero
2.Educación sexo-afectiva
3.Ciencia, tecnoloxía e xénero
4.Políticas de igualdade
5.Novas reflexións sobre o sexo/xénero
Cada curso completado, dentro do prazo marcado en cada edición, será recoñecido con créditos ECTS segundo a súa duración. A dirección da Unidade de Igualdade expedirá un diploma de que superaches o curso. Ademais, ao finalizar un curso, poderás descargar a insignia dixital EU TEÑO FORMACIÓN EN IGUALDADE.
A Insignia
As persoas que completen os cursos do Itinerarios Formativo serán acredoras da insignia EU TEÑO FORMACIÓN EN IGUALDADE e poderán usala na súa web, redes sociais ou calquera outra documentación onde resulte de interese destacar o curso realizado.
Esta insignia visibiliza a formación recibida en temas de igualdade de xénero e o compromiso de ter formación e información de calidade que nos axude a avanzar cara unha sociedade realmente igualitaria.